Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Xunta someterá en marzo a información pública o proxecto da 1ª fase da Variante de Carballo

Nova senda Carballo3
A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade na súa visita a Carballo
A Xunta someterá en marzo a información pública o proxecto da 1ª fase da Variante de Carballo

Non tivemos novas da Variante de Carballo dende que en xullo de 2020, a 4 días das Eleccións Autonómicas, a Xunta anunciaba a súa licitación. Lonxe quedan as promesas dadas en 2019 e a día de hoxe a Xunta xa non ofrece prazos para a súa posta en marcha.

Foi a Conselleira de conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a pontecesá Ethel Vázquez, a que anunciaba no marco da ”inauguración” da senda peonil que une Carballo e Coristanco, que este mes de marzo se someterá a información pública o proxecto da 1ª fase da Variante de Carballo, no tramo de Bértoa, cun investimento de 15 M€. En calquera caso, os Orzamentos para 2022 inclúen unha partida de 500.000€ para o proxecto, se ben tamén aparecía unha partida 250.000 e un compromiso de 12 millóns en 3 anos nos Orzamentos de 2021.

Falamos dunha infraestrutura eternamente solicitada dende a capital carballesa, e que de feito, xa fora prometida en 2006. Anos máis tarde, en 2013, a Xunta realizara varios traballos de desmonte, dando un prazo de execución de 3 anos, pero o proxecto paralizouse e quedou no caixón ata que no 2019 a Xunta tivo que retomar o proxecto pola apresión realizada polo goberno municipal.

Novas relacionadas

Comentarios