Garabato expón os “Moustaches” a boli de Joserra
Este domingo 13 de febreiro volvía acoller unha sesión vermouth o Estudo Garabato de Carballo. Desta volta para inaugurar a exposición a bolígrafó de "Moustaches" de Joserra. Unha xornada moi ben acollida pola veciñanza, que gusta de arroupar a Mon Lendoiro en cada presentación.
A exposición trata de unha serie sobre retratos de diferentes personaxes os cales destacan polo seu exagerado, orixinal e poboado mostacho. O autor enfatiza neste rasgo porque lle resulta un aspecto moi masculino, burgués e algo dandy.
A técnica empregada polo ilustrador e a bolígrafo BIC de toda a vida, só a tres cores, azul, vermello e o negro, escollíu. Todzs os personaxes da serie son inventados, salvo tres; Dalí, David Bowie ou Edgar Allan Poe, os cales o artista idolatra e admira.
Joserra é un autor autodidacta ferrolán, amante da arte dende cativo, cursou clases de debuxo e puntura dende fai moitos anos da man do pintor Juán Galdo. Ten no seu haber numerosas exposicións tanto individuais como colectivas. No 2019 deixou a sús pegada no festival das "Meninas de Canido" co mural "Velazquezmoustache”.