Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os graduados sociais danse a ver por Carballo

Colexio de Graduados Sociais en Carballo
Os graduados sociais danse a ver por Carballo

Acodiron a semana pasada unha representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense a Carballo. A presidenta da entidade, Susana Soneira, reuniuse co alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, para presentarlle a nova campaña da entidade, que desenvolve en colaboración coa Diputación da Coruña, así como promover espazos de colaboración entre ambas institucións.

”A responsabilidade do graduado social para o emprendimiento e a Axenda 2030”, é o lema da campaña que ten como obxectivo “dar a coñecer o labor esencial que desenvolven os profesionais das relacións laborais entre persoas emprendedoras e traballadores por conta allea”.

Susana Soneira destacou a importancia de afondar na visibilización dunha profesión que sempre velou polos intereses de traballadores e pequenos empresarios, pero que coa pandemia transcendeu o papel crucial realizado como profesionais esenciais.
Pola súa banda, Juan Martínez, vocal da xunta directiva que tamén participou na xuntanza con Noemia Tomei, interventora da entidade colexial, explicou pormenorizadamente o contido da campaña, que inclúe desde xornadas divulgativas ata exposicións na vía pública sobre a responsabilidade do graduado social para o emprendimiento e a axenda 2030, así como campañas nas universidades para a precolexiación do alumnado e outras presentacións.

Comentarios