Venres. 23.10.2020
El tiempo

Héctor Pose afondou sobre o horror de Mauthausen no IES de Baio

Héctor Pose afondou sobre o horror de Mauthausen no IES de Baio

A pasada semana inauguraban a exposición “O fotógrafo de horror. A historia de Francisco Boix e as fotografías roubadas ás SS de Mauthausen”. E para completar a inmersión histórica, o IES Maximino Romero de Lema quixo contar coa presenza do profesor universitario e escritor Héctor Pose.

O autor malpicán presentou o libro “Aquela xente digna”, que narra o periplo vital de tres malpicáns que, fuxindo da represión da posguerra española, remataron internados no campo de concentración Mauthausen.

Pose contou, de xeito conmovedor e moi pedagóxico, o que supuxo a terrible experiencia desta persoas que se viron na obriga de exiliarse en barco de Malpica para escapar dunha morte probable pola súa militancia política. Soubo manter a tensión e emocionar o alumnado que ía poñendo nome as fotografías de Boix, permitíndonos así poñer en contexto as imaxes.

Nuns días a exposición Boix, o fotógrafo do horror, marchará con destino ao Mediterráneo pero non sen antes deixar na Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema unha profunda reflexión sobre o que supuxo o contexto bélico da Guerra Civil Española e da Segunda Guerra Mundial, fondamente interrelacionadas e que permiten afondar no que nos debe definir aos seres como humanos.

Novas relacionadas

comentarios