Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Inmellorable momento para unirse á Hora do Planeta

Hora do Planeta 2022
Inmellorable momento para unirse á Hora do Planeta

A eterna suba da luz, dos combustibles, o paro do transporte, o peche do comercio e a hostalería… revolta está a sociedade cando chega unha nova Hora do Planeta. Esa hora convocada a nivel mundial por gobernos, entidades e persoas, que secundarán o apagón de 60 minutos, este sábado 26 de marzo entre as 20.30 e as 21.30 horas.

Na comarca apenas o Concello de Carballo se unirá a esta iniciativa para protestar e concienciar sobre o cambio climático e social, este ano baixo o lema #móvetepoloplaneta.

Charlas na laracha

Paralelamente, o Concello da Laracha e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a próxima semana impartiranse na Laracha e en Paiosaco sendas sesións informativas sobre como aforrar na tarifa eléctrica. Andrés Breijo, experto no mercado eléctrico, será o ponente en ambas xornadas.
A primeira sesión será o luns 28 de marzo no centro sociocultural de Paiosaco e a segunda, o día seguinte, o martes 29 de marzo, na Casa da Cultura da Laracha. En ambos casos será a partir das 20:30 horas.

Novas relacionadas

Comentarios