O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global
Nosaltres e Gente Hablando conquistan o palmarés do VI Carballo Interplay.
As cousas do Choio conseguiu o premio a mellor serie en galego e Tarde Baby, o de mellor serie internacional. Ademais, repartiuse o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros, para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón.
Rematou a VI edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. Esa cita que volveu converter durante unha semana a vila bergantiñán na capital da cultura dixital global, e tras unha semana de actividade vertixinosa, pechou o telón a noite do sábado coa gala de entrega de premios ás mellores webseries.
Unha Gala absolutamente ateigada, dun concurso pioneiro que xa é todo un referente a nivel internacional e que este ano recibiu máis de 200 propostas de todo o mundo.
Foto de familia do CIP 19 de David Tombilla
A gran gañadora no palmarés final foi Nosaltres, que se fixo co premio á mellor serie estatal e cos de mellor dirección, para María Medinilla e Roger Grau, e mellor actriz, para Paula Jornet. Esta webserie, que aborda en capítulos duns 10 minutos de duración temas capitais para a mocidade como o acoso, a relación coa familia, a amizade, o racismo ou as redes sociais. Prodúcea a Fundación Montblanc, e os capítulos poden verse na páxina web www.fundaciomontblanc.orges, onde tamén se poden descargar unidades didácticas que buscan fomentar o diálogo e o debate en clase.
Gente Hablando de Flooxer, recollendo o premio--Foto-David Tombilla
Gente Hablando, que recolleu o premio do público, unha mención especial do xurado e os premios ao guión, para Álvaro Carmona, e ao mellor actor, para Ramón Barea, é unha serie de autor na súa formulación, guión e dirección producida por Flooxer, a plataforma de contidos dixitais de Atresmedia. Cada episodio de 10 minutos inclúe unha conversa entre dúas persoas, sempre distintas, tentando parecer naturais.
O premio á mellor serie internacional foi para a comedia arxentina Tarde baby, no que Malena Pichot e Charo López retratan un futuro post-apocalíptico.
Sonia Méndez, directora e alma máter do Festival Carballo Interplay-Foto-David Tombilla
Aposta polo audiovisual galego
O premio á mellor serie en versión orixinal en galego acadouno o videoblog As cousas do choio (na imaxe), protagonizada por Juan O Choio, un octoxenario do rural e mariñeiro de toda a vida que se convirte en youtuber e ofrece, dende o seu alpendre, consellos de supervivencia en clave de humor a todos aqueles que queiran aprender da súa sabedoría. O xurado quixo, tamén, facer unha mención especial para o documental Cativos na cociña, que ofrece os produtos e receitas da Galicia enxebre a través da ollada dun cativo.
Ademais, o xurado decidiu outorgar cadanseu Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón.
Novas relacionadas
- CIP 19 (IV): Un mar dixital invade Carballo,
- CIP 19 (III): Carballo Interplay, ou o epicentro mundial dos contidos dixitais.
- CIP 19 (II): Carballo Interplay, ou o epicentro mundial dos contidos dixitais.
- CIP 19 (I): O Campamento Kamikaze abriu o telón do Carballo Interplay 2019 armando un novo Dinosaurio.
Edicións Anteriores
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.