xoves. 01.05.2025
El tiempo

Investigados dous veciños de Carballo por varios delitos

Investigados dous veciños de Carballo por varios delitos
A Garda Civil vén de abrir unha investigación a dous veciños de Carballo por dous delitos de furto e un de ameazas acontecidos en dúas tendas da localidade. Segun indican dende a Benemérita, nunha das tendas roubaron sete vestidos de nena valorados en algo máis de 350 euros - cinco dos cales xa se recuperaron - e na segunda tenda levaron varias pezas de roupa valoradas en 390 euros e que, polo momento, ainda non se recuperaron. Ao parecer, o propietario desta segunda tenda afectada recibiu varios insultos e ameazárono cun coitelo. Nunha nota de prensa, a Garda Civil indica que xa detiveran a estas mesmas persoas - V.M.G.V. de 33 anos de idade e M.M.M.P. de 28 anos - o pasado 22 de agosto por intentar forzar a máquina de moedas dunha lavandería autoservizo ubicada en Carballo e, ao non conseguilo, levaron unha televisión que había no establecemento valorada en máis de 620 euros e por cometer un roubo con violencia noutra tenda de roupa na que incluso chegaron a forzaxear coa dependente e a levar varias prendas valoras en 109 euros. Feitos polos cales xa foron entregados no xulgado de garda de Carballo e, a continuación, postos en liberdade. Recuperación dun poni Por outra parte, axentes da Garda Civil recuperaron onte un poni - que fora roubado o pasado luns, 27 de agosto, nas inmediacións do vello campo de fútbol de O Rodo, en Oza -. O animal, unha femia de cor negra agrisada e duns once anos - localizouse nunha pista forestal próxima ao monte do Carmen.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Garda Civil
 

Comentarios