Xoves. 28.10.2021
El tiempo

“Lévollo”, o servizo de comidas a domicilio feito en e para Carballo

Rafa Borrachero e Levollo en Carballo
Rafa Borrachero está creando "Lévollo" en Carballo
“Lévollo”, o servizo de comidas a domicilio feito en e para Carballo

Necesita boas novas a hostalería carballesa. E esta é unha moi boa nova. Hai xa unhas semanas que está en funcionamento un proxecto empresarial de servizo de comidas a domicilio. En colaboración coa Asociación de Hostalería de Carballo, os irmáns Miguel e Rafael Borrachero veñen de poñer en marcha “Lévollo”. Unha desas propostas empresariais que nacen no local, que axitan á economía dunha vila, e que combate coa invasión das multinacionais como Glovo, JustEat… empresas que ofrecen un bo servizo pero adoitan afogar aos seus proveedores.

Todo comezaba hai uns meses, cando en Carballo só había pizza e kebab a domicilio. A raíz das primeiras peticións para levar de La Bombonera e tras os primeiros contactos coa Asociación de Hostalería lanzáronse. “Comezamos chamándolle Carballo Delivery, pero ocorréusenos “Lévollo”, un nome con “punch”, sinala Rafa.

Quixeron comezar paso a paso, e xa traballan con establecimentos como La Bombonera, Beos, Ágora, Mesón do Pulpo, Vesubio, A Nova Tasca ou Pazo da Cultura. Pero son moitos os interesados. ”É o momento”, sinala dende a Asociación de Hostalería, Gonzalo Álvarez, que valora a disposición dos Borrachero. “O hábito de pedir a domicilio chegou para quedarse, xa forma parte da nova normalidade”, apuntan.

Os Borrachero son dous irmáns venezolanos que levan 9 anos en España, e que chegaron hai 4 en Galicia. Aterraron en Coruña, e buscando negocios interesantes, colleron unha disfribuidora de alimentas para hostalería, “pelexando contra grandes tiburones”, con paciencia e esforzo, pero coa pandemia non puideron resistir. E como das crises nacen as oportunidades, queren aproveitar este tirón da comida a domicilio.

”Estou segurísimo de a moita xente lle gustaría pedir unha hamburguesa de Gonzalo, ou o pulpo do Mesón do Pulpo. Hai moita e moi boa hostalería e estou seguro de que se llo pos na casa, a xente o vai pedir”, explica Rafa. “Hai que consumir local e apoiar o comercio de barrios”, explica Rafa, que recoñece que precisamente hai que “combatir ás multinacionais, que cobran unha pasta”.

Se ben a campaña de promoción aínda non comezo, e de feito, a APP “Lévollo” aínda non está operativa (estará nun par de semanas), xa están traballando arreo, a través de mensaxes de whastapp cos 6 establecimentos cos que xa traballan. “Xa chegamos a 3.000 pedidos en apenas 3 meses”, explica, tendo noites de entre 45 e 70 pedidos. Son xa 5 os repartidores activos cada noite de fin de semana.

Esperan poñer en marcha a APP e seguir aumentando a cantidade de establecimentos que se unan á iniciativa. “Carballo merécese este servizo, e creo que a xente o está agradecendo”, conclúe.

Levollo APP

 

Novas relacionadas

comentarios