Os libros carballeses, da Praza á Praia

09:23 15/07/22
Despois do éxito da Praza dos Libros, Carballo traslada os tesouros de papel á praia. O Concello de Carballo leva este verán unha biblioteca portátil á praia de Razo.
Estará aberta:
- Xullo: de luns a venres, de 13.30 a 17.30 horas.
- Agosto: de luns a venres, de 13.30 a 16.30 horas.

Pero A Praia dos Libros non chega soa, senón que ao longo do verán tamén se desenvolverán na beira do mar outras actividades culturais. A primeira, xa foi esta semana pero haberá máis:
- Mércores 20 de xullo, ás 13.00 horas, “Canta música”, espectáculo musical con Pablo Díaz e Olga Kirk, en Razo.
- Mércores 17 de agosto, ás 13.00 horas, “Galdaka”, espectáculo de maxia con Dani García, en Razo.
- Mércores 17 de agosto, ás 22.00 horas, proxección da película “Jumanji: seguinte nivel”, na Pedra do Sal, coa colaboración da Asociación Cultural O Castro de Lema.