Xoves. 25.07.2024
El tiempo

Lupe Blanco volve aprendernos a regueifar

Enregueifate Carballo con Lup Blanco
Lupe Blanco volve aprendernos a regueifar

Volve Lupe Blanco espallar a regueifa por Bergantiños. Faino no marco do proxecto Enreguéifate! que levará os obradoiros polo Casino1889, a Escola do Alprende, a Asociación Cultural Nemeth e a Asociación Cultural As Landras. Estas catro entidades colaboran co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo para que botes a lingua a pacer nos obradoiros abertos á cidadanía que se celebrarán arredor do Entroido e nos que contaremos coa mellor regueifeira de Galicia.
 

As datas son as seguintes

  • 10 de febreiro, de 19.00 a 20.30 horas, no Casino1889
  • 17 de febreiro, de 19.00 a 20.30 horas, no centro social de Oza
  • 3 de marzo, de 19.00 a 20.30 horas, na Casa da Xuventude
  • 10 de marzo, de 19.00 a 20.30 horas, no centro social de Bértoa

 

Enreguéifate

Enreguéifate é un proxecto colaborativo entre os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, que busca difundir a improvisación oral en verso e contribuír á promoción do uso da lingua galega. Ademais do certame propiamente dito, tamén ofrece formación e unha gala conxunta do Enreguéifate e do Regueifesta, que se celebrará o 14 de abril de 2023 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
E lembra que o prazo para participar no certame de Enreguéifate está aberto ata o 10 de marzo!

Comentarios