Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Regueifa expándese dende Soneira a Sardegna

Regueifesta en Cerdeña
O equipo de profesorado en Cerdeña
A Regueifa expándese dende Soneira a Sardegna
Continúa o fermoso a Regueifesta espallándose por Europa. O proxecto “Europa de repente”, coordinado polo CFR de Vimianzo e en parcería co CEIP Labarta Pose, o IES do Milladoiro e o IES Marco do Camballón realizou a súa terceira mobilidade á illa de Sardeña (Italia) para coñecer as diferentes formas de improvisación oral en verso.

Un modelo educativo baseado na improvisación oral en verso, que traspasa fronteiras para compartir experiencias educativas, construír cooperación pedagóxica e mellorar competencias e construír rede.

Un equipo de profesorado entre os que atopamos ao ex profesor do IES de Baio Manolo Maseda, ou ao responsable do CFR Pedro Lado, estiveron, igual ca nas anteriores mobilidades a Madeira e á Toscana, as persoas docentes do proxecto realizaron numerosas entrevistas e gravacións a persoas de moi diferentes idades para compoñer un documentario que visibilice cal é a situación actual do repentismo en Europa. Un deles foi Bernardu Zizi, de 95 anos, lenda sarda e da improvisación cantada en Europa.

Regueifesta-Equipo de profesorado na casa do improvisador sardo Bernardu Zizi
Na casa do improvisador sardo Bernardu Zizi

”Este traballo ten como obxectivo a creación e desenvolvemento dun proceso no coñecemento, valoración e difusión do noso patrimonio inmaterial en irmandade con outras manifestacións artísticas similares. Un recoñecemento emocional da riqueza da nosa regueifa como impulsora e dinamizadora educativa, social e cultural”.

Novas relacionadas

Fotos: 1. Equipo de profesorado na casa do improvisador sardo Bernardu Zizi 2. Entrevistando a Bernardu Zizi, de 95 anos, lenda sarda e da improvisación cantada en Europa 3. Equipo de profesorado galego en Sardeña. <

Comentarios