Luz Darriba trae a súa novela plástica a Espiral Maior Foro
09:16 02/12/22
Hoxe venres, día 2 de decembro, ás 19:30 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) a presentación da novela “O encaixe de Bruxelas”, publicada por Belagua Ediciones e obra da artista plástica e escritora Luz Darriba.
Participarán no acto, ademais da autora, a poeta, escritora e profesora carballesa Rosalía Fernández Rial e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.
Luz Darriba (Montevideo, 1954) licenciouse en Belas Artes e Filosofía en Buenos Aires e, residente en Galicia dende 1990, foi galardoada co Premio das Artes Plásticas da Cultura de Galicia (2018). “O encaixe de Bruxelas” é a súa terceira novela en galego, tras “Abril” (2020) e “Xoguetes para nenos cegos” (2021), que tiveron unha gran repercusión entre os lectores e a crítica.
Novas relacionadas
- As Atlánticas de Viki Rivadulla invaden o Espiral Maior Foro:
- O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte
- Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro.
- Espiral Maior Foro pon en marcha un "Clube de Lectura”.
- Miguel Anxo Fernán Vello impartirá un curso de poesía no Espiral Maior Foro.