Venres. 10.05.2024
El tiempo

Máis de 1.000 persoas participan nos distintos cursos de natación de Carballo

Máis de 1.000 persoas participan nos distintos cursos de natación de Carballo
cursos-natacion-carballo Os cursos de natación infantil e de terceira idade son os que teñen unha maior demanda Un total de 1.057 persoas de todas as idades participan nos distintos cursos de natación organizados polo concello de Carballo nas piscinas municipais. O concelleiro delegado de área, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, achegáronse o luns á tarde ata a piscina municipal do complexo Vila de Noia, na que esta semana arrancan as distintas especialidades: natación infantil, natación adultos/as, natación terapéutica, natación 3ª idade, aquagym e natación bebés. Máis da metade dos/as usuarios/as son os/as alumnos/as das Escolas de Natación Infantil. Grazas ao incremento das prazas que se realizaron para o curso pasado foi posible reducir case na súa totalidade as listas de agarda para abonados/as. Neste momento hai 640 prazas ocupadas, e dende o concello pretenden poder ampliar a oferta a curto prazo para dar cabida a todos/as os/as abonados/as. A natación infantil, xunto coa de bebés e a de terceira idade son as que teñen maior demanda nestes momentos. As 1.057 persoas que participan nos cursos do concello de Carballo están repartidas en 87 grupos que reciben 152 sesións semanais grazas ao labor que desenvolve o equipo de persoal, integrado por un xefe de servizo licenciado en INEF, un coordinador-técnico deportivo superior e os/as monitores/as. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/os-nenos-e-nenas-de-carballo-despiden-a-campana-de-natacion/ Fonte

Comentarios