![ximnasia carballo]()
As sesións deportivas lévanse a cabo en dez parroquias do municipio carballés
Son
máis de 56o as persoas empadroadas en Carballo e maiores de 60 anos as que participan entre os meses de outubro e xuño no
programa de exercicio físico para maiores do concello. Están distribuídas en 19 grupos que reciben dúas sesións semanais cada un, cun total de 38 sesións semanais de entre 30 e 45 minutos de duración co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e reducir o risco de desenvolver doenzas cardiovasculares e oseoarticulares. As sesións constan de exercicio aeróbico e acondicionamento muscular e flexibilidade de baixo impacto oseoarticular.
Dos 19 grupos, que xa están estes días a pleno rendemento, doce están repartidos en dez parroquias: con dous en Rus - no Outón e en Ramil - , dous en Noicela - Imende e Noicela - e un en Sofán, Berdillo, Cances, Entrecruces, Razo, Oza, Artes e outro en Sísamo; os sete grupos restantes asisten ás sesións polas mañás no pavillón Vila de Noia da capital municipal.
Para poder participar, o único requirimento é o de residir en Carballo, xa que
as sesións son de balde.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo