Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Mari Carmen Vila presentou o seu programa para as eleccións carballesas

PSOE Carballo 1
Mari Carmen Vila presentou o seu programa para as eleccións carballesas

O PSOE de Carballo reafirmou esta fin de semana a María Carmen Vila Blanco como candidata ás eleccións municipais, posto que vén repetindo dende 2015. Foi un acto no Pazo da Cultura que contou coa presenza do secretario xeral do PSOE na provincia da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e de Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional.   

Durante a súa intervención, a candidata á alcaldía de Carballo polo PSdeG-PSOE subliñou o seu traballo dende o inicio do seu proxecto no ano 2015 e recordou que foron os socialistas de Carballo os que conseguiron traer á vila a Unidade de Extranxería e Documentación da Policía Nacional.  

A candidata, que incidiu na oposición construtiva que propón o seu partido, repasou tamén esta mañá o seu Programa Electoral, que recolle accións clave como "a humanización da contorna do Pavillón da Grela na Ponte Rosende, a apertura dunha liña directa para a aportación de ideas por parte da veciñanza, a creación de novas zonas verdes, ou a colocación de balizas polo casco urbano para facela máis accesible aos residentes con discapacidade visual".  

“Pero sobre todo non renunciaremos a pelexar e pedir tódolos días a ampliación do polígono industrial e a variante de Carballo con tódolos medios o noso alcance, petición tan reivindicada polos nosos empresarios e fundamental para o desenvolvemento e o futuro do noso Concello”, insistiu.    

“Temos ánimo, temos forza, temos ganas de traballar en pro dos nosos veciños e veciñas pero sobre todo temos ambición para Carballo”, afirmou María Carmen Vila Blanco, que engadiu: “Queremos un Carballo para todos e todas”.  

  

Comentarios