Venres. 19.04.2024
El tiempo

Medio millar de persoas beneficiaranse da rede de abastecemento dende Ardaña ata Canosa-Rus

abastecemento_ardanha_rus-Carballo
Medio millar de persoas beneficiaranse da rede de abastecemento dende Ardaña ata Canosa-Rus

Entre os case 3 millóns que ten o Concello de Carballo en marcha en materia de saneamento, unhas das obras que xa están avanzadas son as da rede de abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa-Rus. Serán 474 as persoas dos lugares da Igrexa, Quintáns, Barís, O Val, O Pedreiro e Canosa, directamente beneficiadas con estas obras que desenvolve a empresa Excavaciones y Obras Candal por un importe de 278.034,65€.

O Concello quere destacar a obra que supón o maior investimento municipal da historia (1,2 millóns á empresa Vázquez  y Reino), o abastecemento de Oza e Razo, que está practicamente rematado, e que terá continuidade cara Goiáns co proxecto de mellora da rede.
Para completar o servizo na parroquia de Oza e continuar estendéndoo cara a de Goiáns, que xa están en proceso de contratación.

Entre os proxectos en contratación tamén figura o de saneamento e abastecemento aos lugares do Curro, Aseñado, A Chavella, O Alto e A Redonda, pechando así a rede de Berdillo.

Comentarios