Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Melloran a accesibilidade do lugar de San Cristovo

Melloran a accesibilidade do lugar de San Cristovo
Pistas-de-SAN-CRISTOVO-Carballo

Continúa o Concello de Carballo promovemndo mellora da mobilidade urbana, desta volta con tres novas actuacións. A xunta de goberno local adxudicou esta semana os contratos dunha serie de obras que van mellorar substancialmente a accesibilidade no San Cristovo e na rúa Xúpiter, na zona da Braña. O investimento, financiado con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña, achégase aos 300.000 euros, e inclúe tamén a mellora da accesibilidade ao Pazo da Cultura.

Actuaciópns en San Cristovo

No barrio de San Cristovo as actuacións desenvolveranse en diferentes espazos públicos. Na rúa Mirtos está previsto mellorar o pavimento dende o cruce con Orquídea ata Alcalde Peinador, ademais de ensanchar a calzada en varios treitos, construír un tramo de beirarrúa e instalar unha canalización de auga á altura da rúa Pedra Furada. Para mellorar a seguridade viaria tamén se construirán beirarrúas e procederase ao aglomerado das rúas Malvas, Camelias e Moreiras. Con ese mesmo obxectivo deséñase unha senda peonil na rúa Violetas, dende a Flor do Toxo ata as inmediacións do IES Monte Neme, ao que acoden a diario centos de estudantes.

OTamén se modernizarán as instalacións na praza de San Cristovo, para garantir o correcto aproveitamento dese espazo público. Deste xeito, renovarase o pavimento de caucho e os xogos do parque infantil, acondicionaranse as zonas deportivas e repararase o mobiliario urbano. As obras no barrio de San Cristovo foron adxudicadas á empresa Lancer Proyectos y Obras S.A. por un importe de 187.099,81 euros. O prazo de execución é de tres meses.

Construcciones Ramón Vázquez y Reino executará as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas na rúa Xúpiter, cun orzamento de 75.519,24 euros. Trátase dunha das rúas singulares de Carballo polo tipo de edificación que conserva, pero as beirarrúas son demasiado estreitas e dende hai varias décadas non se realiza ningunha mellora na vía. Esa eiva quedará superada cunha actuación que inclúe a renovación de todos os servizos e a construción de plataforma única, tal como viña demandando a veciñanza.

Na Braña tamén se acometerán melloras nunha instalacións municipal de uso masivo como é o Pazo da Cultura, no que quedará solucionado o problema de accesibilidade. A obra será executada por Construcciones Alejandro Martínez e Hijos S.L. cun orzamento de 29.339,52 euros.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios