Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Mercado convértese nunha zona de xogos infantís durante a semana de Reis

Carballo obradoiro_cociña
O Mercado convértese nunha zona de xogos infantís durante a semana de Reis

Se na semana pasada, o Nadal Pequespectacular xuntou máis de 200 nenos e nenas no Pazo da Cultura, esta semana de Reis, Carballo vai manter ocupada á rapazada, na planta alta do Mercado.
No marco do programa "Este Nadal xogamos para ser iguais" estiveron fabricando xoguetes con material de refugallo para os máis peques, obradoiros de cociña, empaquetaxe creativa e customización de camisetas...

xoguetes en Carballo

Na semana de Reis volverá a haber obradoiros e moitas outras actividades. No Museo de Bergantiños, a Concellaría de Promoción Económica e Turismo estrea a nova exposición permanente con talleres tecnolóxicos para nenos e nenas de 8 anos, que tiveron tanto éxito que as prazas quedaron cubertas en moi poucos días.

Pero de novo haberá actividade no mercado municipal. Os días 2, 3 e 4 en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30, e o día 5, só pola mañá, xa que pola tarde celebraremos a tradicional cabalgata, a planta alta do mercado converterase nunha gran zona de xogos con ambientación de Nadal e todas estas propostas: un concurso para cambiarlle as rodas á camioneta de Nadal, inchables multixogos, xogos reciclados elaborados cos obxectos máis inverosímiles, concurso de ordeño da rena, talleres de globos e de figuras xeadas... Propostas para todas as idades e con entrada libre. 

Cabalgata

Os Reis Magos regresarán o día 5 a Carballo para saír en cabalgata polos barrios urbanos. O percorrido, que supera os 11 quilómetros, detallarase nos vindeiros días, pero para que todo o mundo saiba en que punto se atopan as carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar en cada momento tamén se poderá seguir en streaming a través das redes sociais e da plataforma www.carballoenrede.com, na que verás nun mapa por onde vai a cabalgata.

Comentarios