Mércores. 17.04.2024
El tiempo

A Mesa do Comercio carballés coordina as campañas de todo o curso

19082021 mesa_comercio (2)
A Mesa do Comercio carballés coordina as campañas de todo o curso

A presencia de Axober foi a gran novidade da celebración da mesa do comercio de Carballo. Un sistema de participación que leva 10 anos constituído, a través do cal comercio e concello establecen estratexias de mellora.

Se ben non participaron representantes das organizacións de consumidores nin o da Xunta de Galicia, o tema central da convocatoria foi a aprobación do calendario de actividades do CCA para este ano 2021, que saíu adiante por unanimidade.

Datas como as Rebaixas de inverno; o Día de San Valentín, a Semana das Oportunidades (28 de febreiro a 06 de marzo); a Campañas día do pai / día da nai; o Concurso “O prezo xusto” a través das redes sociais; a difusión, apoio e reparto de material das campañas promovidas pola Federación Galega de Comercio (días azuis) e a Xunta de Galicia (bonos activa comercio); a campaña de imaxe do comercio local a través das RRSS; a campaña de primavera “que rule, que rule!” (12 e 19 de xuño); as Rebaixas de verán; a campaña volta ao cole; o Mercadillo; a Campaña de outono, o Black Friday, a Campaña de Nadal.

Ademais a mesa solicitou o apoio publicitario a campañas, así como na omunicación e promocións a través das redes sociais, ou no mantemento e substitución de sinaléctica. Tamén se acordou realizar Bolsas corporativas

Comentarios