Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Milagrosa volverá poñer o foco do Entroido no RE-nacemento do Chorón

Entroido en Carballo coa Milagrosa
Así foi a Milagrosa do ano pasado
A Milagrosa volverá poñer o foco do Entroido no RE-nacemento do Chorón

A Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa de Carballo xa está inmersa no programación da que será a segunda edición do festival de Entroido na que Conmemorarase o I Aniversario do RE-nacemento de Chorón.

O RE-nacemento de Chorón celebrouse, por primeira vez, o pasado ano 2023 como parodia da retirada da citada árbore do adro da capela de A Milagrosa. Retirada que xerou certa polémica entre os veciños do barrio, xa que non todos estaban a favor da súa desaparición. Así, a Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa aproveitou para quitar ferro ao asunto organizando unha xornada de entroido no barrio e replantando un exemplar de chorón noutro punto do barrio, o xardín do Edificio.

Dado o éxito acadado o ano pasado, a citada Asociación está a traballar arreo para tentar darlle continuidade no tempo e convertelo nun referente para a comarca. De momento está confirmada a data, será o vindeiro 10 de febreiro, sábado e celebrarase no mesmo lugar, rúa José M.ª. Castroviejo, coñecida popularmente como A Corredoira da Asturiana.

Ademais dun amplo e variado programa musical e exaltación do entroido, estase a traballar para complementalo con outros servizos que permitir a quen queira gozar do día e da noite sen necesidade moverse do barrio.

Dende a Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa esperan a colaboración do Concello e veciños do barrio.

Comentarios