A muxiá Teresa Búa Sambad gaña por segunda vez o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Acaba de anunciar o concello de Carballo que o XXI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís ten gañadora muxiá. Por segunda vez (xa o fixera en 2011), a artista Teresa Búa Sambad, que estes días está en Eslovenia dando conferencias sobre arte na feira Womarts, en clave feminina, leva este concurso, coa súa obra "Xestamos vidas e mátannos".
O xurado decidiu galardoar tamén as obras presentadas por Basilio José Bello Vilariño (2º premio), César López Seoane (Premio Especial Carballo) e Juan Rodríguez Pazos (accésit) 26/4/2019.
Teresa é unha das artistas máis artistas máis internacionais da nosa bisbarra. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, a Kingston University e a Universidade Politécnica de Valencia. En Vigo realizou tamén o máster de creación e investigación de arte contemporánea e deseño téxtil, outro dos ámbitos nos que dá vía
libre á súa creatividade e polo que ten acadado no ano 2016 o Premio Colección Sargadelos Téxtil.
Novas sobre o premio
- 2018: O XX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís viaxa a Ciudad Real.
- 2017: O certame Xosé Manuel Eirís entrega os seus premios recondando a Paco Souto.
- Premio XM Eirís 2015: A fotografía convírterse en denuncia e arte no Certame Xosé Manuel Eirís
- Premio XM Eirís 2014: A metáfora feita imaxe no Certame Xosé Manuel Eirís de Carballo