Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A natureza, protagonista do outono carballés

O Concello e Senda Nova presentan os seus programas de actividades e camiñadas
Actividades de natureza en Carballo
A natureza, protagonista do outono carballés

A Asociación Senda Nova convova a presentación do seu programa de Outono en Marcha, que chega á súa XI edición. A cita será este 29 de setembro, a partir das 20:00h no Espazo de Natureza de Oza.

E mentres esperamos pola lista de andainas da entidade, o Concello, pon en marcha xa o programa “Naturalmente, outono”. Son un feixe de actividades medioambientais, cursos de formación e xornadas profesionais que se desenvolverán no marco durante estas vindeiras semanas.

Esta pasada fin de semana xa arrincou cunha limpeza en Baldaio, e a limpeza do Anllóns no marco da proposta Móllate polos ríos de ADEGA.

As citas coa sostibilidade e o medio ambiente continúan esta fin de semana de 29 e 30 de setembro co Congreso Concellos 2030. Un congreso para implicar a todas as administracións comprometidas coa sustentabilidade creando un escenario común no que poderán expoñer e compartir experiencias nos ámbitos do ciclo integral da auga, a xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e, por suposto, a mobilidade sostible. O prazo de inscrición está aberto a través da páxina web https://concellos2030.gal/.

Para comezar o mes de outubro Carballo estrea a Noite de morcegos organizada pola entidade Morcegos de Galicia para o día 1 en Baldaio. O obxectivo desta actividade nocturna é achegar ao público o mundo dos morcegos e as técnicas que se utilizan para o seu estudo, e con esa finalidade fanse observacións, identificacións e outras actividades complementarias.

E do 3 ao 14 de outubro Carballo acollerá un curso de compostaxe para persoas desempregadas organizado pola ONG Amigos da Terra dentro do programa Empleaverde do Ministerio para a Transición Ecolóxica, co financiamento do Fondo Social Europeo e a colaboración do Concello de Carballo.
O prazo de inscrición rematará o día 22 de setembro ás 14.00 horas a través do enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios