#Ninunpasoatrás: Buserana únese á concentración para este martes
”Nin un paso atrás!” berraba o comunicado da Asociación Feminista Buserana que publicábamos a pasada semana. Un comunicado que serve de punta de lanza para a concentración convocada pola entidade para este martes 15 de xaneiro, ás 20:00h na Praza 8 de Marzo baixo o lema " Os nosos dereitos non se negocian!”
A entidade súmase á convocatoria que varias organizacións feministas de todo o estado realizan para manifestar a súa total e absoluta repulsa cara as políticas que tratan de empregar os dereitos das mulleres coma moeda de cambio.
Estamos ante un debate que parecía superado, pero que volve a darnos sombra na sociedade estatal trala aparición no taboleiro político de VOX, como reflexionaba a nova FirmaQPC, Marisol Soneira.
“Só nós somos donas das nosas vidas... e ante iso, nin un só paso atrás!”, berran as mulleres de todo o país.