Venres. 03.05.2024
El tiempo

Nonaut dá vida ao seixo no Garabato

Exposicion de Nando Pereiro en Garabato Carballo
Inauguraciónd a expo no Garabato
Nonaut dá vida ao seixo no Garabato

Quedou pequeno o Estudo Garabato de Carballo para a inauguración na sesión vermu deste domingo da exposición “Seixo, amatistas e puntas de vidia”, de Nando Pereiro. O artista santiagués presentou esta mostra baseada neste mineral duro, que cristaliza en fermosas variedades afumadas ou veteadas.

Durante anos o escultor Nando Pereiro (Nonaut) percorreu varios destes afloramentos entre as cidades de Compostela e Carballo para achar neles o material do que están feitas as obras que conforman esta exposición. Dos durísimos fragmentos e xeodas que atopou naqueles lugares, algúns deles antigamente explotados polo home, procede esta colección de personaxes heteroxéneas, que gardan no seu interior a enerxía latente do evento ígneo que deu lugar á formación do seu mineral matriz”. “Son xeomorfos intervidos pola mente do artista na procura do equilibrio dentro do caos, da sutileza alén da ironía, do autóctono en danza co universal”.

A expo está visitable ata o 31 de agosto.

Nonaut Nando Pereiro no Garabato co seixo

expo nonaut Carballo

Comentarios