Nova fornada de carpinteiros en Carballo

06:53 29/03/18

Clausurado quedou o Obradoiro de Emprego que formou a 12 mozos e mozas en traballos de carpintería e moble en Carballo. Os moz@s menores de 30 anos, inseridos no Sistema de Garantía Xuvenil esiveron formándose durante seis meses.
Este proxecto centrouse na revalorización de espazos urbanos a través da realización de obras de interese xeral e social, como a dotación e mellora do mobiliario das rúas Martín Herrera, Colón e Desiderio Varela. Ademais, tamén instalaron o mobiliario modular do Centro social de Ardaña.

Fonte
- Xunta.