Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Novembro carballés volve aderezarse con Música

Presentacion novembro con musica 2023
A concelleira de Cultura, Maruxa Suárez; o alcalde, Evencio Ferrero; e a concelleira de Igualdade, Maica Ures, presentaron o programa
O Novembro carballés volve aderezarse con Música

Non para a cultura en Carballo. Se outubro é o mes do teatro, do FIOT, novembro é o mes da música. O Concello vén de presentar o programa Novembro con música, que encherá varios espazos do 10 deste mes ata o 14 de decembro.

Un programa que conta coa colaboración do movemento asociativo e, nesta ocasión, tamén da Deputación da Coruña, a Real Academia Galega de Belas Artes, a Xunta de Galicia, a Fundación Carlos Casares e o Consulado de Uruguai en Galicia.

Haberá folk, pop, música coral, clásica... e concertos de balde para todas as idades. “Queremos que novembro sexa unha data na que, dentro da intensísima programación cultural que se desenvolve ao longo de todo o ano, poidamos desfrutar da música”, comentou o alcalde. 

Programa

Programa novembro con musica Carballo 2023

O programa arrinca xa este venres 10 co Festival Live in Cances, que xa vimos poño miúdo aquí.

Sábado 11 novembro | 20.30 | VERÓNICA CODESAL

Pazo da Cultura

A xira “100 voltas” chega a Carballo para cantar á igualdade. Ademais da súa pandeireta e a súa voz, a compoñente do grupo Ialma Verónica Codesal estará no Pazo da Cultura acompañada por Didier Laloy ao acordeón, Damien Chierichi ao violín e Boris Tchango na percusión para ofrecer un repertorio que nace da tradición galega e incorpora ritmos árabes, do leste de Europa e do folk-pop.

Venres 17 novembro | 21.00 | MARÍA JOSÉ LADRA E MARGARITA VISO

Pazo da Cultura

A Real Academia das Belas Artes e a Xunta de Galicia conmemoran o Día das Artes Galegas 2023.Martín Códax, cunha exposición sobre o Pergamiño Vindel e cun concerto a cargo da mezzosoprano María José Ladra acompañada ao piano por  Margarita Viso. 

Sábado 18 novembro | 20.30 h | XXXVIII ANIVERSARIO DO CORO AIRES DE BERGANTIÑOS

Pazo da Cultura

O Coro Aires de Bergantiños celebra o seu aniversario acompañado pola Coral da A.C. Musical Solfa de Santiago.

Domingo 19 novembro | 19.00 h | SONS DE AQUÍ

Pazo da Cultura

Retomamos a actividade de Sons de Aquí coa participación de grupos de asociacións de Carballo, coa vontade de gozar de pezas tradicionais da man de AC Nemeth, ACX Arume de Verdillo, Escola do Alprende de Oza, ACS Campio de Cances e da Banda Municipal de Gaitas do Concello de Carballo.

Venres 24 novembro | 21.00 | ORQUESTA DE CÁMARA GALEGA

Pazo da Cultura

Concerto de música clásica da Orquestra de Cámara Galega, patrocinado pola Deputación da Coruña.

Sábado 25 novembro | 20.00 h | FESTIVAL SANTA CECILIA

Pazo da Cultura

A Coral de Bergantiños retoma a súa actividade de celebración de Santa Cecilia acompañada doutras dúas agrupacións: Orfeao de Ermesinde de Porto (Portugal) e Coral Polifónica de Tomiño.

Domingo 26 novembro | 21.00 h | WALTER CÉSAR

Pazo da Cultura

O cantautor uruguaio Walter César presenta o seu disco Oriental y gallego no Pazo da Cultura. Concerto patrocinado polo Consulado de Uruguai en Galicia.

Martes 28 de novembro e venres 1 de decembro | 20.00 h | CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA

Pazo da Cultura

A presenza dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo non podería faltar á cita de Novembro con Música, nesta ocasión con concertos da Big Band do Conservatorio e da Banda Municipal do CMUS.

Máis novas

Comentarios