Martes. 30.04.2024
El tiempo

Novo panel de información ornitolóxica en Baldaio

panel_sambade-ornitoloxia baldaio
Novo panel de información ornitolóxica en Baldaio

O miradoiro de Sambade conta cun novo panel informativo. A Concellaría de Medio Ambiente vén de colocar un novo panel con información sobre a importancia das marismas para a conservación dos nosos recursos naturais, así coma unha serie de consellos para conservalas no mellor estado posible.

A mesa informativa de Sambade súmase ao panel instalado a semana pasada na zona da ponte de Baldaio, e forma parte dun plan de sinalización e posta en valor dos nosos recursos naturais que inclúe un total de 15 elementos físicos de distinto tipo.

Comentarios