Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Novos cursos para hostalería no Forum Carballo

Programa de actividades formativas - CMAT e Deputación da Coruña copia
Programa de actividades formativas - CMAT e Deputación da Coruña copia
Novos cursos para hostalería no Forum Carballo

Continúa en marcha o Plan de Formación de Costa da Morte Asociación Turísica (CMAT), para formar profesionais de restauración e gastronomía. Uns cursos, paralelos aos inglés e márketing, e que son totalmente gratuítos e celébranse no FORUM de Carballo.

O primeiro tema que se tratará titúlase "Coñecemento e emprego dos principais produtos do mar de carácter local: peixes e mariscos". Terá lugar no Forum Carballo, os luns 30 de setembro e 7 de outubro, de 16:30 a 20:30. Emilio Louro Lamela e Antonio García Allut, promotores de iniciativa empresarial Fresco y del Mar, serán os que impartirán a primeira sesión, e Marco Soriano, clogger de La cocina es Vida, “bloguero cociñeiro” de Canal Cocina, o da segunda.

En outubro haberá outra doble sesión de Barista, os 21 e 22, con Óscar de Toro Santos, un dos mellores baristas de Galicia.

Xa en novembro, haberá dúas sesións de Repostería con Manuel Garea, actualmente exerce a docencia na Escola de Hostelería de Melide; e de Coctelería, con Pedro Tomás Sestayo Riveiro, Campión galego de coctalería e Terceiro Nacional Especialidade Gin Tonic

Hai 20 prazas por día, e xa podedes inscribirvos aquí.

Outras citas formativas

Comentarios