Martes. 12.11.2019
El tiempo

Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”

Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”
Pedro Sestayo tesoureiro da Asociacion de Sumilleres Gallaecia O carnotán Pedro Sestayo, un dos mellores cocteleiros de Galicia, e tesoureiro da Asociación de Sumilleres Gallaecia

Este pasado luns tiña lugar no Edificio Bitácora do Ézaro (ía ser na mesma cascada pero a chuvia impediuna) a cata final das Distinticións Gallaecia. un concurso oficialmente recoñecido polo Ministerio de Agriculta que organiza a Asociación de Sumilleres galegos Gallaecia dende 2002. Unha cata que serve para premiar aos mellores viños galegos, e que en 17 anos nunha estivera na Costa da Morte.

Para traela, un dos culpables foi Pedro Sestayo, natural do Pindo, e ademais dun dos mellores cocteleiros de España, é o tesoureiro da Asociación. Con el falamos sobre o evento e sobre o estado de saúde da hostalería costeira.

Distincion Final de vinos de Gallaecia no Ezaro Distincion Final de viños galegos da Asociación de Sumilleres Gallaecia no Ézaro  
  • QPC: En que consisten estes eventos?

Pois as “Distinticións Gallaecia” son uns premios que concedemos os sumilleres de Gallaecia aos mellores viños galegos. Facemos as catas de todas as denominacións de orixe de Galicia, empezamos en xuño cos oruxos, e en xuño e agosto imos por cada zona catando o Valdeorras, Monterrei, Rías Baixas, Ribeiros e o Ribeira Sacra. E ao final de verán, os mellores puntuados pasan a unha cata final. Unha cata rotamos de provincia cada ano. Este ano tocou na provincia da Coruña, e esta zona despois de 17 anos, nunca viñera por aquí. E a min, como me toca de preto, empurrei o que puiden para traela, e ensinarlle un pouco a xente para que a coñeza.
A verdade é que moitos non estiveran nunca e quedaron encantadísimos, aí enriba do mar, unha marabilla. Non recordaban unha cata final tan espectacular.

 
  • QPC: Que importancia ten traer esta clase de actividades á zona?

Pois xa che digo. Quedaron todos encantados. Somos unha zona apartada pero temos moito que ofrecer, paisaxe, produto… Neste caso, non somos unha zona de tradición vitivinícola, pero si que temos restauración que é onde imos vender eses viños, e temos que coñecer ben os viños galegos para saben vendelos. O cliente que vén de fora quere probar viños galegos, e se non os coñecemos nós, dificilmente os imos vender. Fomentar ese coñecemento do viño galego é importante para nós. E para min, tan importante é ensinar a miña Costa da Morte.

 
  • QPC: Cantos sumilleres estaban? De onde viñan?

Pois eramos 11 sumilleres asociados chegados de toda Galicia, e xente que veu de cada denominación de orixe: un especialista en Rías Baixas, outro en Ribeiro… Pero como este ano meteuse enriba da vendimia, houbo consellos reguladores que non puideron mandar a ninguén.

 
  • QPC: Daquela… Cal foi o viño escollido?

Aínda hoxe damos o fallo. Publicarémolo esta tarde na nosa web sumilleres.com.

Distincion Final de vinos de Gallaecia no Ezaro 2  
  • QPC: Estaremos atentos entón. E xa a nivel persoal, que fai a día de hoxe Pedro Sestayo a nivel profesional?

Pois eu estudiei Hostelería en Compostela, e despois recorrín un pouco España (Valencia, Canarias…) e moita Galicia, a verdade é que repasei Galicia enteira. Estiven traballando na Costa da Morte, en Santiago moitos anos, e funme centrando na docencia. Levo xa moitos anos impartindo formación, en Obradoiros de emprego, en cursos para desempregados, e agora traballo para a Consellería de Educación como docente nos Ciclos Formativos de Servizos de Restauración. Este ano, como aínda estou de interino, tócame ir a Vilamarín.

 
  • QPC: E dificilmente vaite tocar vir dar clases á Costa da Morte, porque non hai esa clase de centros formativos, verdade?

Pois xustamente na Costa da Morte non hai nada. E sendo un sitio tan turístico coma o noso, é unha verdadeira pena. Eu lembro que estivera naquel fermoso proxecto de formación en turismo rural de Aldea Madeira, en Camariñas, aló por 2009, cando formáramos a 45 rapaces en cociña, restauración e animación sociocultural. Pero é unha pena que agora estea tan abandonado. Como son proxectos que dependen da Consellería de Traballo, esquecen pedir subvención e quedan mortos.
A Costa da Morte está totalmente olvidada en temas de formación. Se queres medrar, como fixemos moitos, teste que ir a Santiago.

 
  • QPC: Daquela, como calificarías o nivel medio da hostalería costeira?

Estamos avanzando, pero necesitamos unión para facer máis forza, o individualismo non funciona nunca e menos na hostalería. Xa temos produto, iso é innegable, eo que non temos, chéganos fácil como pode pasar co viño.
Agora está moi de moda o tema da cociña, pero sen un bo servizo a cociña non vale. Temos a vantaxe de que facemos que o cliente se sinta como da casa, temos esa cercanía, pero fai falta un bo servizo. Sen dúbida, o servizo o é un tema pendente de mellorar, así como a presencia de viños galegos nas nosas cartas.

Juan Diaz Santos carnotan campion galego de cocteleria O carnotán Juan Diaz Santos tamén é campión galego de cocteleria  
  • QPC: Sen embargo, temos moi bos profesionais da coctelería, grandes tiradores de cervexa, cortadores de xamón… Por que?

Efectivamente, temos a Emilio Calo, un dos mellores cortadores; Fran Barreiro e Alberto Fuentes entre os mellores tiradores de cervexa de Galicia; e tamén tamén temos outro carnotán, Juan Díaz, campión galego 5 anos de coctelería… Pero… parece que ninguén é profeta na súa terra. Estes grandes profesionais da terra están por aí adiantelevando alto o nome da Costa da Morte, e non lle damos importancia. E son xente que tiran moito pola zona. Eu lévoa por diante, levo este acento con máis orgullo “quenindios”.
De feito, teño claro que en canto poida, intentarei voltar e abrir un establecimento. A idea non ma quita ninguén. Máis tarde ou máis temprano, terei que voltar.

 

Pois creo que participei nalgún outro campionato galego, pero gañou Juan!! Nos últimos anos gañeille unha vez pero o resto gañou el! Pero hai que preparalos bastante. O mércores hai un concurso en Santiago, o Spirite Sense, e a ver se me dá tempo a chegar, cunha proba teórica e logo unha cata de augaardentes. É moi bonito, pois faise un equipo de 6 persoas de Galicia-Asturias para ir é unha final en Madrid.
Hai moitos cursos de marcas, de asociacións… son moi bonitos, a verdade, e se gañas, que che dean un recoñecemenro por facer o traballo que che gusta é unha pasada. E coñeces produtos, sitios distintos, coñeces xentes do sector coas mesmas inquedanzas ca ti… tráeche moitas cousas. Eu recomendo a todo o alumnado que vou formando por aí, que se apunten a todo.

 ;

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios