xoves. 15.05.2025
El tiempo

O casco urbano de Carballo suma 133 novas prazas de aparcamento gratuíto

O casco urbano de Carballo suma 133 novas prazas de aparcamento gratuíto
aparcamento-carballo As novas parcelas de aparcamento están ubicadas na zona do Rego da Balas, do CEIP A Cristina e do pazo da Cultura O concello de Carballo sigue a ampliar os espazos de aparcamento gratuíto no casco urbano. A concellaría de Obras e Servizos está a acondicionar 133 novas prazas en seis parcelas, que permitirán ampliar as bolsas de estacionamento nas contornas do Rego da Balsa, o CEIP A Cristina e o pazo da Cultura. Nesta última zona, nun solar situado no cruce das rúas do Pan e A Cristina, están a traballar xa as máquinas e os operarios de construcciones Dámaso Ferreiro, empresa adxudicataria das obras por un importe de 22.979,99 euros. Os traballos consistirán en todos os casos na retirada de terra vexetal, a cementación, unha base de zahorra e o remate con zahorra e gravilla. Neste caso, ademais, procedeuse á protección dun carballo situado no límite entre o solar e a vía pública. O aparcamento do pazo da Cultura terá capacidade para 41 vehículos. No mesmo ámbito urbano, para dar servizo tamén aos usuarios e usuarias do CEIP A Cristina e a estación de autobuses, haberá outro espazo de aparcamento para 14 automóbiles. As outras catro parcelas sitúanse na contorna do Rego da Balsa, na que está ubicada a bolsa de aparcamentos gratuítos máis grande do casco urbano, con máis de 600 prazas. Agora acondicionaranse outras 78. Coas incorporacións destes novos espazos, que estarán listos en poucas semanas, a oferta de prazas en bolsas de aparcamentos gratuítos supera xa as 2.000, ás que se suman outras 500 da Zona Azul. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios