Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CIM carballés organiza un curso de autodefensa persoal no marco do #25N

O CIM carballés organiza un curso de autodefensa persoal no marco do #25N

Xa comezan a xurdir as actividades arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, e varios son os concellos da zona adheridos á campaña “En negro contra a violencia”. Por exemplo Carballo, onde xa son case un cento de establecementos comerciais, hostaleiros e empresariais os que teñen confirmada a súa participación na campaña.

E no marco da mesma, o Centro de Información á Muller (CIM) organiza un curso de autodefensa persoal, que se celebrará os días 28 e 29 deste mes, de 10.00 a 14.00 horas, no Pazo da Cultura. O prazo para anotarse está aberto ata o día 24, e as mulleres interesadas poden anotarse nas oficinas do CIM (edificio de Servizos Sociais na praza Médico Eduardo Mariño) de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou chamando ao teléfono 981 700 688. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

O obxectivo, explican desde o CIM, é “formar ás mulleres en técnicas de autoprotección e defensa persoal en situacións de ameaza, risco ou agresión, ademais de amosarlles unha serie de pautas preventivas, todo isto para que tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico”.

Novas relacionadas

Fonte

  • CIM Carballo.

Comentarios