Venres. 26.04.2024
El tiempo

O programa Xantar na Casa de Carballo chega a 50 fogares

O programa Xantar na Casa de Carballo chega a 50 fogares
Un total de 50 persoas beneficianse do programa Xantar na Casa posto en marcha pola concellería de Igualdade e Benestar do concelo de Carballo. O censo de beneficiarios/as incrementouse un 25% grazas ás xestións realizadas pola concellaría, que no mes de xuño tramitou a solicitude de ampliación co Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. A concelleira Maica Ures destaca a importancia de seguir mellorando e estendendo as prestacións para as persoas maiores que precisan máis coidados, polo que desde o seu departamento tamén se realizará unha solicitude de ampliación das horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes. O programa Xantar na Casa é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada, de calidade e adaptada ás necesidades das persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión social que carecen da autonomía persoal necesaria para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra e/ou a elaboración de menús. O servizo está xestionado polo Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración co concello de Carballo a través dun convenio que, en definitiva, permite mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, manténdoas no seu contorno comunitario e evitando a institucionalización, ao tempo que ofrece un respiro ás familias coidadoras. O prezo de cada menú é de 6,27 euros, dos que a persoa beneficiaria debe facer unha achega de 1,67. Novas relacionadas Fonte

Comentarios