O PSOE carballés pide que se inclúa nos Orzamentos Xerais unha Comisaría Integral do CNP
Este pasado venres, o PSdeG - PSOE rexistrou 285 emendas aos Orzamentos Xerais do Estado presentados para Galicia por unha cantidade de 578,5 millóns de euros para tratar de paliar a histórica baixada e a histórica mentira que sufriu a Comunidade galega nos últimos anos cos gobernos de Mariano Rajoy.
Entre elas, e que afecta especialmente á Comarca e baixo a petición e xestión do Grupo municipal socialista de Carballo, atópase a solicitude dun investimento que permita a construción dunha Comisaría Integral do Corpo Nacional de Policía (CNP) para toda a Costa da Morte (e parte do Xallas) con sede en Carballo, e que daría cobertura a unha poboación de máis de 120.000 habitantes.
A dotación económica solicitada é de 3 millóns de euros.
Novas relacionadas
- Os grupos comarcais do PSOE califican de “tomadura de pelo” os Orzamentos estatais para a bisbarra.
- O BNG da Costa da Morte lamenta o esquecemento da Costa da Morte nos orzamentos xerais do Estado:
Fonte
- PSdG.