O PXOM de Carballo podería aprobarse defintivamente antes de final de ano
Tivo lugar este pasado venres unha comisión informativa de urbanismo na que o grupo de goberno deu conta dos pasos dados polos técnicos para cumprir as diferentes esixencias da Xunta. Os edís do BNG apoiaron o novo documento ante a abstención de todos os grupos da oposición
Agora tócalle decidir ao pleno, que abordará a aprobación provisional do PXOM nunha sesión extraordinaria o mércores 18 de novembro.
Se o pleno dá o si, será a Xunta a que dea a última palabra, unha vez que o Concello asegura ter cumplido todos os requisitos concretos como o equipamento en Oza ou a zona da rúa Esquío da capital municipal.
O alcalde, Evencio Ferrero considera que "o Concello afronta nestes momentos o proceso ultimísimo para a aprobación do PXOM", que a estas alturas está "o suficientemente matizado como para ser aprobado definitivamente neste exercicio de 2015". Un PXOM tremendamente necesario para calquera concello de Galicia, para deixar atrás de forma definitiva as normas subsidiarias dos anos 80 vixentes neste momento.
Novas relacionadas- 27-10-15: O PXOM de Carballo dá un paso adiante.
- 07-07-15: A Xunta envía novas subsanacións para o PXOM de Carballo
- 12-03-15: Carballo acometerá mínimos retoques ao PXOM.
- 06-02-15: O Concello de Carballo ratifica que o PXOM conta con todos os informes de Augas de Galicia.
- 03-02-15: Carballo aprobou por unanimidade 30 quilos de de PXOM.
- Redacción QPC ([email protected])