O usuarios de APEM sacan o sacho para manter vivo o Horto Infantil de Carballo
Esta hora vale moito. No medio e medio da capital carballesa son moitos os cativos que aprenden as cousas da terra no Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Agora os peques terán uns compañeiros de sacho, os usuarios de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais), que teñen a súa sé precisamente moi preto do horto.
Despois do convenio asinado onte, poderán plantar e traballar a terra. Farano unha vez á semana, intentando así manter vivo o horto ata febreiro, pois os cativos, dadas as poucas horas de luz que temos durante o inverno, non volverán sacalo sacho ata ese mes. Evitarán así que se perda o traballo dos cativos durante este verán e outono. Aproveitarán para facer ademais un compost natural cos propios residuos.
A idea será a de formar aos usuarios na materia, desenvolveranse cursos sobre agricultura ecolóxica, para que sirva tamén de posible vía de inclusión profesional.
No futuro está previsto seguir ampliando as actividades do Horto Ecolóxico colaborando tamén con outros colectivos, como as asociacións de maiores do municipio.
APEM tamén derruba muros con pintura
Os usuarios de APEM ademais participan no programa Derrubando Muros con Pintura que tan ben lle está a facer á estética municipal. Traballarán para crear pequenos espazos verdes para obras como por exemplo a de Emi de las Heras, situada na contorna do Parque Rego da Balsa na rúa Perú e inspirada no mundo do circo. Está previsto retirar as silveiras e crear uns pequenos parterres para acondicionar este espazo e está previsto que se realicen actuacións similares noutras pinturas da capital municipal.
Novas relacionadas
- Os peques carballeses andan e plantan.
- Paredes que modernizan.
- Un verán ecolóxico na pequehorta de Carballo.
- A pequehorta de Carballo ferve por primavera.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
- Colleita solidaria na peque-horta de Cee.