Luns. 14.10.2024
El tiempo

As obras de mellora da AG-55 provocan certos cortes nas saídas carballesas

Cortes Trafico AG55
Cortes Trafico AG55
As obras de mellora da AG-55 provocan certos cortes nas saídas carballesas

Este luns as obras na ponte de Agualada provocarán cortes de tráfico na AC-552 e desvíos pola AG-55. Pero é que a AG-55 tamén está en obras, e tamén sufrirá, entre o luns día 2 de outubro e o xoves, día 5, numerosos desvíos, no marco dos traballos de conservación e reforzo do firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo.

Uns traballos que se centrarán nos ramais dos enlaces situados no quilométricos: 8 (Sabón), 29 (Carballo este) e 33 (Carballo norte).
Máis en detalle, o luns día 2 de outubro actuarase no enlace Carballo norte, no punto quilométrico 33, tanto no ramal de saída da calzada dereita, como na entrada, na calzada esquerda.
O martes día 3 os traballos centraranse no enlace Carballo norte, no quilómetro 33, no ramal da glorieta.

Os mércores e xoves os traballos de reforzo de firme centraranse no enlace Carballo-este, no quilómetro 29-peaxe. En concreto, o mércores día 3 actuarase no ramal de saída, na calzada dereita; e ao día seguinte no ramal de entrada, na calzada esquerda. O xoves día 5, tamén se prevé actuar no enlace de Sabón coa A-6, no punto quilométrico 8, no ramal de saída, na calzada esquerda.

Cortes Trafico AG55 2

As obras estarán debidamente sinalizadas en cada unha das zonas de traballo e para minimizar a afección ao tráfico habilitaranse os correspondentes desvíos.

Ademais, o venres 6 de outubro está previsto realizar os traballos de reforzo de firme en algún carril de saída e entrada de varios enlaces, que só requirirán do corte dos carrís afectados, manténdose a circulación polos carrís adxacentes.

Novas relacionadas

Comentarios