Venres. 26.04.2024
El tiempo

As obras de pavimentación de cinco aparcadoiros públicos xa están a piques de rematar

aparcamento-rego-balsa-carballo
Os traballos estanse a realizar en 8.000 metros cadrados de superficie
As obras de pavimentación de cinco aparcadoiros públicos xa están a piques de rematar

Axudados co bo tempo destes días, a empresa Excavaciones y Obras Candal está a rematar as obras de acondicionamento de cinco espazos urbanos en Carballo que son utilizados como aparcadoiros. Dentro do plan de mellora das áreas de estacionamento gratuíto
dentro da zona urbana, ben en terreos municipais ou ben en solares cedidos ao Concello de Carballo polo sistema de comodato, nestes
momentos estase a actuar en máis de 8.000 metros cadrados de superficie.

As actuacións estanse a levar a cabo na zona do Pazo da Cultura (2.250 metros cadrados), na rúa Perú (2.250 metros cadrados), n rúa Río (700 metros cadrados); no Fórum Carballo (1.000 metros cadrados); nos depósitos de auga (2.200 metros cadrados).

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, realizaron esta semana un percorrido por algúns dos estacionamentos, nos que, despois dos traballos de explanación, sumidoiros, gabias e pavimentación con aglomerado, acometerase o pintado das prazas e tamén se instalarán sinalización vertical e, onde sexa preciso, luminarias. O Concello de Carballo realiza un investimento de 153.845,38 euros. O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) colabora cunha subvención 64.580,86 euros dentro do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable MOVES II.

Comentarios