Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Operación Televari: Desarticulan un grupo carballés que realizaba estafas por internet

Foto de equipo estafas telematicas da Garda civil A Coruna
Foto de equipo estafas telemáticas da Garda civil A Coruña
Operación Televari: Desarticulan un grupo carballés que realizaba estafas por internet
Operación Televari: Desarticulan un grupo carballés que realizaba estafas por internet

Aumentan os casos de estafas na rede e algo que comprobamos coas numerosas operacións que está o Equipo de estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña. Desta volta, no marco da Operación Televari, veñen de desarticular un grupo composto por 9 persoas, con vínculos familiares ou de amizade, residentes en Carballo.

A Operación comezou a raíz dunha denuncia interposta no Xulgado de VImianzo, no que a vítima explicaba que lle enganaran na venda dunha televisión que ela ofertaba a través dun coñecido portal de compravenda entre particulares. Outras denuncias semellantes recibíronse en Oleiros, Betanzos, Milladoiro, Ordes e Sigüeiro.

O grupo tiña varios métodos para desenvolver as estafas. O máis utilizado era facer cre ás vítimas que se interesaban por el produto que as vítimas tiñan publicitado na rede. Pactaban coa vítima que unha empresa de transporte recollería o produto no domicilio da vítima, quedando o pago pendente a que a empresa realizara a entrega ao comprador. Pero o suposto transportista, ataviado cun xersei corporativo, era parte do grupo, recollía o paquete sen facer pago ningún.

Tamén realizaban a estafa do revés, mendiante a creación e publicación de falsas ofertas de traballou ou de dispositivos electrónicos. unha vez ingresado el importe, o comprador nunha chegarían a recibir nada.
Arredor de 4.000€ tería estafado este “Grupo criminal”, como os cataloga a Garda Civil pola súa estrutura xerárquica, con estes métodos.

Consellos ante posibles estafas por internet

Aproveita a Garda Civil para da unha serie de consellos:

  • Cando realices unha compra online a outro particular, non envíes os cartos por adiantado ao vendedor, é preferible solicitar recibir o produto por adiantado, e ten en conta que o máis correcto é realizar a compra venda en man.
  • Nunca envíes os teus datos personais (DNI ou pasaporte), PIN ou calquera outra información realizadada contigo por correo ou grupos de SMS, ou Whastapp, xa que pode ser utilizada para cometer actos ilícitos e o único perxudicado serás ti.
  • Non facilites o número secreto da tarxeta, non tomar ningunha decisión precipitada e pedir unha segunda opinión a un familiar ou coñecido en caso de dúbida.
 

Novas relacionadas

  • 12-04-19: Un vimiancés detido por aceptar maquinaria agrícola robada.
  • 09-04-19: Operación Somier: Detido o xerente dunha tenda de colchóns de Cee pola estafa de alomenos 28.000€.
  • 05-04-19: Dous establecimentos de Muxía sofren novos roubos.
  • 12-03-19: Operación Mariline: Dous detidos por estafa na venda de marihuana.
  • 15-02-19: A Garda Civil de Vimianzo detén a 5 persoas polo roubo de cartos das contas de dúas persoas con discapacidade intelectual.
  • Comentarios