Os Bombeiros de Carballo acoden a limpar un vertido de puríns na saída cara Baldaio
18:28 21/06/18
Corrían as 10:00h da mañá deste xoves 21 de xuño de 2018 cando un tractor con cisterna sufría unha perda que provocaba un incómodo vertido de puríns. O vertido tivo lugar en diversas rúas da saída cara Carballo, afectando ás rúas Perú, Ponte da Pedra, Emilia Pardo Bazán e Vázquez de Parga. Tamén tivemos que intervir na AC-552 no punto quilométrico 29 e na DP-1909 dende a intersección coa AC-552 ata a ponte que pasa por riba da AG-55.
Os Bombeiros de Carballo tiveron que empregar 7.000 litros de auga para realizar a limpeza, na que colaborou a motobomba do SMPC Carballo cun operario e o camión de limpeza viaria de Aspaber.
Fonte
- Bombeiros de Carballo.