Martes. 17.09.2024
El tiempo

Os lumes chegan ao pleno carballés

Os lumes chegan ao pleno carballés

Segue Galicia conmocionada pola vaga de lumes, reflexionando sobre as súas causas. A pesar de que, desta volta, non causaron estragos na Costa da Morte, a bisbarra non é allea á catástrofe vivida, que en moitos lugares lembrou os tempos do Prestige e recuperou aquel mítico #NuncaMáis.

É o PSdG de Carballo o que vai presentar unha moción no pleno, sobre o asunto, esperando que haia consenso para que dende o Concello insten á Xunta para que “conformed un grupo de traballo plural que afronte de maneira global o problema do monte galego e a existencia reiterada de incendios e vagas de lumes”.

Falta de prevención

Dende o PSOE lembran que “o problema dos lumes en Galicia non é un problema novo. O descoido e desleixo das labores de coidado do monte supón un elemento de grande perigo, e un factor tremendamente facilitador da aparición e, sobre todo, da propagación dos lumes. É imprescindible levar a cabo unha política de prevención eficiente, con investimentos decididos e realmente comprometidos, que aposte polo coidado e mantemento concienciado en colaboración coas comunidades de montes, Concellos, Deputacións, agrupacións ecoloxistas, distintas organizacións e todos os niveis da administración e os distintos colectivos”.

Extinción errática pola privatización

Ademais, califican a política de extinción de incendios do Goberno da Xunta de Galicia de “errática e chea de bandazos”. E poñen causas: a decisión de non prolongar contratos de persoal anti-incendios (fixos discontinuos de 3 meses 436 persoas e 500 de Seaga); a facilidade de procesos de privatización dos recursos dispoñibles; o deixamento na atención as advertencias de perigo que dende distintos puntos e voces autorizadas e expertas fixeron do nivel de perigo existente; o rexeitamento de iniciativas parlamentarias e municipais que fixeron distintos grupos políticos.

A moción

Por iso piden conformar un grupo de traballo plural (con todas as forzas políticas, de todos os niveis da Administración, forzas e corpos de seguridade e membros dos equipos de extinción, expertos profesionais e académicos), que afronten de maneira global o problema do monte galego e a existencia reiterada de incendios e vagas de lumes.

Piden que se faga unha cuantificación dos danos causados, e que a Xunta poña en marcha as medidas necesarias para evitar a erosión e deterioro dos montes queimados, evitando tanto a súa degradación como a contaminación de cauces e manantiais. Para iso cómpre dotar de orzamento estas accións.

 

Dous rogos sobre o estado das estradas

Ademais, noutra orde de cousas máis local, o PSdG carballés vai presentar un par de rogos. O primeiro que se teña en conta acondicionar a rúa Ecuador para darlle seguridade aos peóns (moitos escolares) por mor do deterioro do firme, da vexetación que invade a vía ou dos coches que aparcan irregularmente.

Ademais, lamentan o o mal estado que presenta o acceso ao Polígono Industrial de Bértoa desde a autoestrada Carballo - Coruña. E pediranll ao o goberno municipal que dea traslado á Administración competente do problema existente para que esta adopte as medidas necesarias.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios