Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Micro-Aberto botan a andar no Casino de Carballo

Os Micro-Aberto botan a andar no Casino de Carballo
O casino carballo 1889 e de todos Este xoves, 11 de outubro, ás 21:00 horas bota a andar no Casino1889 a actividade "Micro-Aberto", conducida polo artista carballés Diego Loureiro. Os participantes poderán facer unha demostración das súas capacidades artísticas (declamar poesía, cantar, facer un monólogo, tocar algún instrumento…) durante aproximadamente 15 minutos nos que terán o micro aberto para a súa libre expresión. Para apuntarse é necesario enviar un email ao organizador da actividade: [email protected]. A actividade tamén está aberta a todas aquelas persoas que desexen participar ainda que non queiran expoñer as súas capacidades artísticas. A directiva de Casino1889 ten previsto realizar estes encontros os segundos e cuartos xoves do mes. Voluntariado Por outra parte, o 13 e 14 de outubro continuarán os traballos de acondicionamento do salón do Casino polo que a directiva fai un chamamento a toda a veciñanza que queira participar como voluntario/a. Tamén hai vagas para crianzas e o xantar correrá por conta do Casino. A inscrición debe realizarse vía email: [email protected]. Tamén se abriu a inscrición para formar parte do noso Club de Lectura.

Novas relacionadas

“A “Xente Bonita” salva o Casino” — Que pasa na costa “Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos” — Que pasa na costa “O Casino renace coas portas máis abertas que nunca” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios