Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os peques de Carballo aprenden a reciclar entre risas

Os peques de Carballo aprenden a reciclar entre risas
Uxía e Antón animaron aos peques de Carballo a reciclar

Que mellor que a risa para aprender. E así o entenden nas escolas de Carballo, que dentro do programa "Carballo Limpo" arrinca unha campaña de divulgación da reciclaxe nos centros de ensino.

Este xoves comezaban s accións divulgativas sobre a reciclaxe que se leva a cabo entre o alumnado de Primaria dos centros de ensino do municipio dende hoxe e nos próximos días dentro do programa Carballo Limpo. Neste caso, a cita tivo lugar no CEIP Xesús San Luís Romero da capital municipal.

Así, durante todo o mes de novembro, os rapaces e rapazas dos centros de ensino do municipio aprenderán as claves da reciclaxe de residuos e da recollida selectiva a través dun divertido obradoiro. Uxía e Antón son dous personaxes deseñados no seu día polo inesquecible deseñador carballés Alberto Gende para Carballo Limpo e agora cobran vida por medio dun actor e unha actriz que os caracterizan e divulgan en vivo toda a información que antes so se facía en papel.

O alumnado que poderá gozar deste obradoiro é o dos ciclos de Primaria dos colexios, que se pretende sexan os transmisores e transmisoras da importancia que ten a colaboración da cidadanía na conservación do nosa contorna. Estas accións serán completadas cunha promoción coincidindo cos dous días de mercado semanal na capital municipal, cando estes personaxes realizarán tamén accións de divulgación.

A vindeira semana estarán o luns 18 ás 10:00h no CEIP Fogar; o mesmo luns ás 12:50h no CEIP Nétoma Razo; e o xoves no Gándara de Sofán e no de A Cristina.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios