venres. 18.04.2025
El tiempo

Os premios "Comercio con talento" distinguen a unha tenda de Carballo

Os premios "Comercio con talento" distinguen a unha tenda de Carballo
A directora xeral de Comercio entregoulle o galardón na tenda Mar de Encuentro A directora xeral de Comercio entregoulle o galardón na tenda Mar de Encuentro   A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou onteao establecemento de Carballo Mar de Encuentro un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa da consellería de Economía, Emprego e Industria coa que se busca impulsar a innovación e o emprendemento no comercio galego ao tempo que se favorece o coñecemento e o contacto do alumnado de formación profesional co sector e a súa realidade, complementando así a súa formación. Na iniciativa participaron alumnos dos ciclos formativos de grao medio de Comercio e do grao superior de Xestión comercial e márketing de toda Galicia, que propuxeron as candidaturas dos negocios que, ao seu xuízo, son os máis innovadores da súa zona. Un xurado especializado escolleu posteriormente aos diferentes negocios gañadores, e os alumnos que propuxeron a súa candidatura reciben premios para mercar no comercio local. Mar de Encuentro naceu hai pouco máis de dous anos da man de Ana Écija co obxectivo de achegar o último en moda xuvenil e complementos. Como elemento diferenciador, o local, situado na rúa Valle Inclán, conta cun espazo no que tanto clientes como amantes da arte poden expoñer os seus traballos ou mesmo dar renda solta á súa creatividade. Ademais, periodicamente, no establecemento organízanse diversos obradoiros creativos vinculados ao mundo da moda e da decoración. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Consellería de Comercio

Comentarios