xoves. 15.05.2025
El tiempo

Os veciños de Goiáns e Vilela deciden nos Consellos sobre os novos locais sociais

Os veciños de Goiáns e Vilela deciden nos Consellos sobre os novos locais sociais

Seguen funcionando como interlocutor directo entre os veciños e o Concello. Os Consellos parroquias están servindo de entes de unión interna para que sexan os propios veciños os que trasladen directamente ao goberno municipal e ao resto de grupos as súas necesidades. Así acontecía esta pasada semana en Gioáns e Vilela, centrados nos novos locais sociais.

A Asemblea decide, o Consello traslada

Asemblea vecinal na parroquia carballesa de Goians Asemblea veciñal na parroquia carballesa de Goians

A veciñanza de Goiáns decidiu o pasado venres nunha asemblea, e practicamente por unanimidade, o emprazamento para un centro social. Foi escollida unha finca rústica de 606 metros cadrados no lugar coñecido como O Chaquel, pero como para construír nese tipo de solo fan falta como mínimo 2.000 metros.

Como no resto das parroquias, o Concello de Carballo pagará a metade do valor do solo e financiará o edificio. Pero aínda queda un longo proceso por diante para conseguir unha parcela anexa e tramitar a modificación urbanística correspondente diante da Xunta de Galicia.

Ademais do local, o Consello Parroquial trasladou aos representantes políticos (houbo participación dos catro grupos municipais) varias necesidades: reposición de puntos de luz, a mellora da rede viaria nalgúns puntos, a colocación de paneis de libre expresión, sinalización... e, sobre todo, a ampliación das infraestruturas de auga e saneamento.

Xa ao remate da xuntanza produciuse un longo debate sobre o problema de tráfico de drogas que, tal como explicaron os veciños, existe na parroquia nunhas casetas colocadas ilegalmente, e pediron unha actuación máis contundente tanto por parte das forzas de seguridade como das Administracións competentes en materia de disciplina urbanística.

Consello Parroquial de Vilela O Consello Parroquial de Vilela trasladoulle aos grupos municipais os acordos da asemblea veciñal

Consello en Vilela

O acondicionamento da antiga escola para poder utilizala como local social e a extensión da rede de saneamento a varios lugares, é un dos temas prioritarios para os veciños de Vilela. A día de hoxe, o edificio da escola ofrece agora un aspecto totalmente renovado tras unha actuación moi sinxela que consistiu no pintado interior e exterior e na adquisición de mobiliario. Aínda queda pendente o pintado do muro de peche e a instalación dun parque infantil.

O de Vilela é un fantástico exemplo de como funcionan estes Consellos, porque ademais de estar formado por 30 persoas (boa parte maiores pero tamén xente nova), serviu de xérmolo para a creación dunha asociación de veciños da que xa forman parte 86 persoas, e que nace, segundo explicou Laura Recarey no nome da xunta directiva.

Consello Parroquial de Vilela-Carballo Consello Parroquial de Vilela

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios