Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A creativade local, “máis de Carballo que o pan”

26072022 mais_de_carballo_que_o_pan
A creativade local, “máis de Carballo que o pan”

Trala boa acollida da primeira edición, o Concello de Carballo volve poñer en marcha unha nova campaña de fachenda. “Máis de Carballo que o pan” conta coas ilustración (para promocionar con tarxetas, postais, cartelería, rrss…) con artistas locais como Isa Bermúdez, Diego Lago, Clara López, Laura Méndez, César Rama, Nerea Rama e Nerea Vilariño (coa colaboración de La Playita Estudio), para promocionar o orgullo carballés entre a mocidade e a veciñanza.

Son Carballo, I Love Razo, ou Derrubando Muros con Pintura son outras iniciativas que afondan no mesmo sentir de fomentar o “carballesismo” por parte das áreas Normalización Lingüística e Mocidade.

Laura Méndez, que asina unha das postais, valorou como “moi enriquecedor” o feito de que este tipo de iniciativas permitan poñer en contacto a novas e novos creadores. “Faime moita ilusión que se fagan cousas así no noso concello e que nos dean a oportunidade de saír adiante”, apuntou Isa Bermúdez. Na mesma liña se manifestaron Nerea Rama e Nerea Vilariño, (autora do cartel gañador do San Xoán e que será unha das artistas da nova edición do Derrubando muros) e Clara López asegurou que o convite lle fixo moita ilusión, e cualificou a experiencia como “unha súper oportunidade para conectar”.
Diego Lago, que está en Londres, e César Rama, que tampouco puido asistir á presentación, completan o cartel de artistas. Evencio Ferrero puxo especialmente en valor a representación feminina maioritaria, como un exemplo do que achega a muller á sociedade. “O Carballo de sempre _dixo o alcalde_ vaise enchendo de xente nova que vai aportando novas landras, novas pólas, novas creacións, e todo iso forma parte da roda da vida que vai escribindo páxinas. A creatividade en Carballo está nun momento moi doce, e oxalá este colectivo, que algún día lle poñerán nome, teña un longo percorrido e moitas oportunidades en Carballo e fóra de Carballo, en Galicia e fóra de Galicia, en toda a Península e fóra tamén”.

Se queredes algunha das postais, pasade Museo de Bergantiños, a Biblioteca Rego da Balsa ou a bibliopraia de Razo e pedilas de xeito gratuíto.

Mais de Carballo que o pan-clara_lopez
Clara López
Mais de Carballo que o pan-nerea_vilarino
Nerea Vilariño
Mais de Carballo que o pan-nerea_rama
Nerea Rama
Mais de Carballo que o pan-laura_mendez
Laura Méndez
Mais de Carballo que o pan-isa_bermudez
Isa Bermúdez
Mais de Carballo que o pan-diego_lago
Diego Lago
Mais de Carballo que o pan-Cesar Rama
César Rama

Novas relacionadas

Comentarios