venres. 16.05.2025
El tiempo

Pequeno incendio forestal no decembro carballés

Pequeno incendio forestal no decembro carballés
incendio-forestal-en-carballo

Non é normal a estas alturas do ano pero con esta falta de chuvias non é de estranar. Na tarde do pasado sábado, os bombeiro de Carballo, chamados por Protección Civil (estes xa non teñen a motobomba operativa), tiveron que intevir para sufocar un incendio forestal no lugar da Grela, en Carballo, pois o lume estaba moi preto das vivendas.

Era un incendio de matorrais pero de pouca envergadura. As vivendas estaban a uns 50 metros pero non se viron ameazadas. Máis próximo había un cobertizo de bloque pero tampouco resultou afectado. Un cabo e dous bombeitos extinguiron o lume empregando auga e despois regaron o perímetro para evitar que se reiniciase.

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.

Comentarios