Venres. 03.05.2024
El tiempo

"A nosa estrada converteuse nunha pista de patinaxe de coches"

estrada grava verdillo
Unha capa de grava ten a renovada estrada desta urbanización de Verdillo
"A nosa estrada converteuse nunha pista de patinaxe de coches"

A veciñanza dunha pequena urbanización dunhas 20 casas unifamiliares da Feira de Verdillo volve protestar por unha situación tremendamente estrana. Levaban máis dun ano pedindo ao Concello que tomase medidas na estrada porque o aglomerado estaba tremendamente castigado polas obras realizadas das novas vivendas. O Concello remitía á Deputación ao tratarse dunha estrada provincial.

E hai cousas dun par de semanas, comezaron a chegar as máquinas e a alegría foi máxima na urbanización. Pero a alegría tornouse en cabreo cando viron que as máquinas marchaban despois de deixar grava por riba da capa de aglomerado.

A estrada, en pendiente e con varias curvas, “convertiuse nunha pista de patinaxe de coches”, sinala a veciñanza, e de feito algún vehículo xa caeu á cuneta. Ademais as novas familias, que teñen fillos de entre 3 e 8 anos, non poden deixar saír ás crianzas á estrada. “Temos pánico de deixar aos nenos saír das casas porque é un perigo. Os coches non poden frear e a rúa non está provista de beirarrúas polo que o tránsito de persoas é moi perigoso”, explican.

Unha situación que se repite noutras estradas de Rus ou da Laracha, para a que a veciñanza de Verdillo piden solución inmediata. “Cremos que somos veciños de segunda”, sentenzan.

Outro caso

Xa en 2020 a veciñanza tivo que pelexar por un servio tan básico como a luz. Daquela a potencia do transformador non era suficiente e tiveron que estar durante moitos meses ata “cociñando co camping gas”. Gracias á prensa e á denuncia colectiva ante Industria, as administracións solventaron o tema, reforzando temporalmente a liña e instalando, aínda hai 6 meses, un novo transformador.

Novas relacionadas

Comentarios