Mércores. 22.05.2024
El tiempo

O PP presenta a súa lista co lema #CreamosCarballo

PP CANDIDATURA CARBALLO 2023
PP CANDIDATURA CARBALLO 2023
O PP presenta a súa lista co lema #CreamosCarballo

Co lema #CreamosCarballo o PP presentaba esta fin de semana en Razo a súa lista completa. Foi o candidato popular Rubén Lorenzo, cabeza de lista, o que desvelou onte na terra do restaurante Arnados na Praia de Razo, cada nome.

Unha candidatura que Lorenzo presentou como” única alternativa para gobernar Carballo”, definindo ao seu equipo como configurado por “persoas con gañas, forza e ilusión”. En palabras do propio candidato popular “non están todos os que son, pero sí son todos os que están”, dou as grazas aos 28 compoñentes da lista por ter dado un paso adiante e polo seu compromiso e a súa valentía.

Ruben Lorenzo CANDIDATURA CARBALLO PP 2023
Rubén Lorenzo 

”Renovación, mocidade e diversidade” son as tres palabras que utilizou Rubén Lorenzo para resumir o espírito que move a sua elección, aínda que, segundo dixo “sen perder o valor da experiencia, sen desbotar a madurez e sen esquecer os principios e valores común”.

A lista:

  • 1. Rubén Lorenzo.
  • 2. Beatriz Neira.
  • 3. Isidro Varela.
  • 4. Isabel Cotelo.
  • 5. José Rey.
  • 6. Javier Calvelo.
  • 7. Sheila Cotelo Lado.
  • 8. Yolanda Varela.
  • 9. Adrián Fariña.
  • 10. Uxía García.
  • 11. Óscar Álvarez.
  • 12. Raquel Cotelo..
  • 13. Iván Blanco.
  • 14. Lucinda Serrano.
  • 15. Rodrígo Recarey.
  • 16. Cristina Rojo.
  • 17. Carlos Señarís.
  • 18. Sara Nión.
  • 19. Jesús Javier Rey.
  • 20. Esperanza Pan.
  • 21. José Juan Castro.

A lista de suplentes encabézaa o ex alcalde de Carballo, Manuel Varela a quen acompañan: Matilde Anido, Antonio Rodríguez, Teresa Luaces, Marcos Castro, Erica Regueira e Antonio Pérez.

Primeira proposta de mobilidade

Se ben irán debullando o programa paseniño, o PP propón a apertura das vías estruturais correspondentes a rúas como Perú, Luis Calvo o Vila Negreira, solicitando ademais "un plan de mobilidade racional e que responda ás demandas da veciñanza", coa circunvalación como eixe das demandas.

NOVAS DAS ELECCIÓNS

NOVAS DO PP

Comentarios