Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Praza dos Libros volve con 4 días de actividades

Praza dos Libros Carballo presentacion_plic
A Praza dos Libros volve con 4 días de actividades

Esta fin de semana, do 7 ao 10 de xullo volve a Praza dos Libros. A proposta cultural do Concello de Carballo que trata de facer máis accesible a lectura, chega cunha imaxe renovada, feita por Juan Gende, que trata de romper con todo o pasado estes anos.

”Plic!” é o nome desta feira literaria feita dentro dunha feita tradicional, maridando produtos da terra con palabras.

Nesta edición contan coa participación das librarías Trasgo, Teldy, Ler, Clarión, Á lus do candil, Brañas Verdes e Demo Espiral Maior Foro, que se suma por primeira vez. O seu responsable, Miguel Anxo Fernán Vello, destacou o papel de Carballo “como referente en toda Galiza pola colaboración intensa que se realiza en tantos ámbitos da creación cultural”.

Actividades

O xoves 7, día de mercado, dará o pregón o gran Xan Fernández Carrera, e estará Anxo Moure dinamizando. A partir das 18:30h estará Little Neno traendo a música dos Beatles para a cativada, ademais das presentacións de Aranzta Portabales, Henrique Monteagudo e a proxección de Valentina.

O venres comezará con Anxo Fariña, ás 12:00h, e ás 19:00h presentarán Fernando Cabeza Quiles, María Rei Vilas e acabarase co espectáculo musical infantil de Bellón Maceiras e Mamá Cabra.

O sábado hai completa sesión matutina para as crianzas, con Paula Carballeira, Paco Nogueiras e Elahood. Pola tarde, ñas 19:00h, sinatura de libros, antes de que Héctor Pose, o proxecto Derrubando Muros con Pintura e Xosé Lois Romero presenten as súas obras.

O domingo 10 estarán pola mañá Medos Romero e Suso de Toro, e haberá sesión vermú con concerto homenaxe a Alberto Gende. Ás 18:30h, concerto de Pakolas, e ás 20:00h, Antía Yáñez e Marisa Vidal pecharán a edición.

Durante a fin de semana todas as persoas que merquen un libro terán un desconto do 10% de desconto, e serán agasalladas cun pack de atún Calvo, e o domingo, día de feira e de despedida da Praza dos Libros, os libreiros e as libreiras entregarán un moletiño de pan de Carballo con cada venda.

Programa Prza dos Libros Carballo Plic2022_2

Programa Prza dos Libros Carballo Plic2022_1

Comentarios