A Primavera enDanza focaliza a súa aposta pola creación galega
O ciclo Primavera enDanza regresa ao Pazo da Cultura de Carballo do 17 ao 30 de abril cunha nova edición que reafirma a súa posición como unha das citas culturais máis destacadas e máis consagradas da danza contemporánea en Galicia, contando xa con 24 anos de traxectoria, como destacaron na súa presentación.
A edición de 2026 inclúe un total de cinco espectáculos que combinan talento galego (4 das propostas) e de ámbito estatal.
Entre as compañías galegas participantes destacan nomes de referencia como Kirenia Martínez, quen abrirá o ciclo cunha proposta innovadora na que colabora o creador multidisciplinar Antón Reixa; Fran Sieira, que presenta o seu espectáculo Benquerer coa música de Caamaño & Ameixeiras, e a compañía Amarelo, que achega unha proposta dirixida ao público familiar.
Completa a programación o Colectivo Glovo, que celebra o seu décimo aniversario co espectáculo Alén, unha peza de gran formato coproducida polo Concello de Carballo, e o bailarín e coreógrafo Daniel Doña, que pechará o ciclo coa obra El Verbo, unha reflexión escénica sobre a construción de novos rituais contemporáneos.
Ademais das funcións, Primavera enDanza inclúe actividades complementarias orientadas á interacción co público, como encontros cos artistas ao remate das representacións e un obradoiro familiar de danza impartido por Raquel Feradás.
Podes ver aquí o programa completo, e as entradas e os bonos xa están á venda a través da web do Concello de Carballo e da billeteira en liña, con prezos accesibles que oscilan entre os 5 e os 9 euros, e bonos desde 17 euros.
Pode